Actualidade


12/06/2012 - I Concurso Literario Infantil-Xuvenil 'Fundación O Noso Lar'



Acta da reunión do xurado da I Edición do Certame Literario Infantil-Xuvenil "Fundación O Noso Lar"

Sendo as 19:00 horas do 17 de maio de 2012, Día das Letras Galegas, reúnense os membros do xurado na localidade de San Román de Lousada para ditaminaren os premios da I edición do Certame Literario “Fundación O Noso Lar”, do que forman parte:
Dª Ángela Noguerol Seoane, membro do padroado da Fundación O Noso Lar e do Consello de redacción do Boletín O Noso Lar.
D. Xosé Luis Vázquez Somoza, profesor de lingua galega e literatura e escritor.
D. Xosé Manuel Castro Castedo, profesor de lingua galega e literatura, que exerce de secretario.
Logo das deliberacións pertinentes, os membros do xurado conclúen declarar premiados na I edición do Certame Literario Infantil-Xuvenil “Fundación O Noso Lar” os seguintes traballos:

  1. Nenos ata 14 anos, Por maioría

1º premio: Javier Díaz Rodríguez, que cursa 2º da ESO no Colexio A Asunción de Sarria, pola obra “Soños dunha vida non vivida” presentada co pseudónimo Aragorn
2º premio: Laura López Esteban, que cursa 1º da ESO no IES Ánxel Fole de Lugo, pola obra “Sempre xuntos” presentada co pseudónimo Flor das montañas.

  1. Rapaces de 15 a 18 anos, Por unanimidade

1º premio: Diego Fernández Diéguez, que cursa 2º de Bacharelato no Seminario Diocesano de Lugo, pola obra “O noso recuncho” presentada co pseudónimo Zurdo.
2º premio: Alejandro Asorey Novoa, que cursa 1º de Bacharelato no Seminario Diocesano de Lugo, pola obra “Eloxio ao lar” presentada co pseudónimo Morriña
Os membros do xurado, xustifican un accésit na categoría infantil pola cantidade e calidade das obras presentadas. Por unanimidade concédeselle a Sara Losada Pardo, que cursa 2º de Primaria no CEIP Monte Valiño de Ferreira de Pantón, pola obra “Onde van as hortalizas?” presentada co pseudónimo La naranjita.
Así mesmo declaran desertos os premios da categoría de mozos de 19 a 25 anos.
E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 21:00 horas do día 17 de maio de 2012.


Asdo.: Ángela Noguerol Seoane Asdo: Xosé Luis Vázquez Somoza
Asdo.:  Xosé Manuel Castro Castedo