Parroquias

CASTRONCÁN, SANTA MARTA DE

Diocese: Lugo

Provincia: Lugo

Partido Xudicial: Sarria

Concello: Samos

Pobo: Castrocán

Topónimo:procede de Castrum Uncani(castrum=castro e Uncani = nome dun amo do castro(?)

Situación xeográfica: A uns 5 Km ao SW de Samos. Linda cos pobos de S. Estevo de Reiriz (N), Santiago de Formigueiros (S), Santa Eulalia de Pascais (E, interposto o río Oribio) e S. Xulián de Teibilide (W).

Coordenadas xeográficas: 42.730685N, 7.358437W

Altitude: 624 m

Extensión: 278,3 ha

Hidrografía: Un pequeno regato. Traída de auga tomada no río Oribio en Samos.

Acceso: Dende Samos coller a estrada Lu-5602 durante 4,5 Km e despois á esquerda a estrada Lu 641 durante 1 Km.

Nº habitantes: 62

Núcleos poboacionais: Castroncán, Empalme (de palmus, medida de lonxitude ou de palmare, apuntalamento de plantas como se fai coas fabas) e Vilachá(Villa plana en 1064).

Patrimonio artístico: Antiga ubicación dun castro prerromano. Igrexa do s.XVII, ampliada no s.XVIII. Mobiliario neogótico (de finais do 1800 ata 1913). Imaxes barrocas, relevantes as de Santa Apolonia e Santa Marta (s.XVI)

Capela do Ecce Homo ou da Santa Cruz en Vilachá.

Patrimonio natural: Bosques de caducifolios (carballos, castiñeiros…) e prados.

Festas: Santa Apolonia o día 9 de febrero; Virxe do Carme o día 16 de xullo e Santa Marta o día 29 de xullo.

Historia: son varios os escritos que se conservan no
Tumbo referentes á reclamación da propiedade por parte do Mosteiro de Samos. Xa no ano 933 os frades piden ao rei Ramiro II as súas posesións in villis qui nuncupatur Uncani...E continuaron esta solicitude a través do tempo, como consta nun escrito ao rei Ramiro II en 1195.
No catrastro que mandou facer o Marqués da Ensenada en 1749, figura que en Castroncán había tres muiños fariñeiros, 27 colmeas e 39 casas. Nestes tempos formaban parte da parroquia 154 persoas e outras 45 máis que servían nas casas. A maior parte dos habitantes adicábanse á agricultura e tamén había dous arrieiros que carreaban viño cos seus cabalos, un ferreiro e dous clérigos para atender a parroquia.

No ano 1760 inaugurouse a Cofradía do Carme, que
funcionou ata 1957.

Parece que no s.XI encontrábase en Vilachá unha ermida adicada a S.Cristovo, quizáis no mesmo sitio onde perdura a Capela do Ecce Homo ou da Santa Cruz.

A vila de Castroncán foi unha das de máis renome
do Concello de Samos. Aquí celebráronse mercados
de feira o día 4 de cada mes durante uns 80 anos a contar desde principios do s.XX

Tradicións: Hai casas onde seguen a facer o pan no forno de leña para o consumo da familia. O magosto no mes de novembro e a matanza do porco no inverno, son as tradicións que se conservan.

Galería