Parroquias
LOUSADA, SAN MARTIÑO DE
Diocese: Lugo
Provincia: Lugo
Partido Xudicial: Sarria
Concello: Samos
Extensión: 236,8 ha
Situación xeográfica: A uns 10 Km ao N de Samos .Limita con Zóo (N), Loureiro e Romelle (S), Montán e Loureiro (E) e Estraxiz e Romelle (O) .
Coordenadas xeográficas: 42 .766669N, 7316667W
Altitude: 665 m
Hidrografía: Regato S . Roman e Regato da Ribeira ou Barxelas .
Núcleos poboacionais: Lousada, Fontercuda, Gosende e San Román .
Nº habitantes: 48
Acceso: Dende Samos coller a estrada Lu-5602 durante 8 Km. Logo coller unha pista asfaltada á esquerda e a 300 m . está o pobo .
Topónimos: Lousada deriva da voz prerromanaLausa (lousa), posteriormente lausata; Fontercuda (de fons, fonte . O adxectivo arcuda ten distintas interpretacións); Gosende (do antropónimo gosendus, pode referirse a Gundesindus Leovegildi, citado no Tumbo de Samos) .
Patrimonio artístico: A belísima capela de San Román recuperou todo o seu rústico encanto primitivo a partir de 1990, ano en que foi restaurada . Este pequeno templo rural, erixido varios séculos despois dunha primitiva igrexa visigótico-mozárabe de bastante antes do ano mil, é a máis suxestiva xoia do románico samonense . No interior, cerca da porta de entrada, loce unha arcada dobre; e na ábside semicircular, tres xanelas-saeteiras das que unha delas polo exterior presenta un rico contorno . Os extraordinarios canzorros de granito, de maior tamaño e proporcións que os comúns, son o máis valorado artististicamente . Tamén é importante a pía bautismal de gran tamaño, anterior ao ano mil .
Patrimonio natural: Bosques de caducifolios (carballos, castiñeiros…) e prados .
Festas: celébrase a Santa Cruz o día 3 de maio e o San Martiño o día 11 de novembro .
Historia: O primeiro documento onde aparece Lausata data do ano 872 . En 1175 na bula do papa Alexandre III (1175) figuran as parroquias de Sancti Martini de Lousada e Sancti Romani de Lousada, o mesmo que no catastro do Marqués da Ensenada (1749) . Estas dúas parroquias conserváronse ata o ano 1890, en que quedou como única S . Martiño de Lousada . En 1620 o papa Gregorio XV concede unha indulxencia especial aos confrades da ‘Invención de la Santa Cruz’, erixida en ‘San Martin de Lousada’, que permaneceu activa ata o ano 1932 .
Dende 1954 os servizos relixiosos celébranse na capela románica de S . Román, por atoparse en ruínas a igrexa de S . Martiño, distante uns 500 m .
No catastro do Marqués da Ensenada (s . XVIII) figuran por separado as declaracións das dúas parroquias que había entón . En conxunto dispoñían de dous muíños fariñeiros (nos sitios de Fontela e Regaña), dunha taberna temporal, un estanco de tabaco e un ferreiro . As casas habitadas eran 27 (17 en S . Martiño e 11 en S . Román) . Había tamén cinco colmeas .
En S . Román, na casa rectoral, está ubicada dende 1991 a sede da Fundación O Noso Lar .
Tradicións: Hai casas onde seguen a facer o pan no forno de leña para consumo da familia . O magosto no mes de novembro e a matanza do porco no inverno, seguen a ser encontros importantes dos veciños.