Parroquias

TEIVILIDE

HISTORIA

"A orixe da denominación de “Teivilide” pode vir dun nome composto de “Theius Bellitus” (“Tio Belido”). “Tio” era un tratamento aldeán de respecto, inferior a “Don”. “Bellitus” seguramente se refire a algún dos propietarios que aparecen mencionados nos documentos do Mosteiro de Samos:

“Bellido Iulianiz”, e outros “Bellido” e “Bellito”. Co paso do tempo estes nomes quedaron convertidos pola tradición popular en: “Teibillid”, “Teibillide”, “Teibilide”, “Teivilide”. Pertenceu ó Mosteiro de Samos, facía tamén as súas contribucións á catedral de Santiago e ata hai uns anos foi filial de Reiriz."

IGREXA

"O templo parroquial, de principios do século
pasado, está totalmente restaurado dende o ano
2001.
O patrono da parroquia, como o seu nome
indica, é San Xulián; pero non se celebra esta
festa, aínda que si se recorda cunha Misa o día 9
de xaneiro. Celébrase a festa das Dores o terceiro
domingo de setembro, e o luns a festa de Xesús
Nazareno, precedidas estas dunha novena.
Chama a atención polas súas dimensións a talla do
Nazareno.
"