Parroquias
MONTÁN, SANTA MARÍA DE
Diocese: Lugo
Provincia: Lugo
Partido Xudicial: Sarria
Concello: Samos
Extensión: 268,6 ha
Situación xeográfica: Na ladeira meridional do Monte da Meda, a uns 6 km ao NE de Samos . Linda cos pobos de Zóo (N), Loureiro (S), San Xil de Carballo (E, interposto o Monte de S . Xil) e Lousada (O) .
Coordenadas xeográficas: 42 .750003N, 7 .300003W
Altitude: 768 m
Hidrografía: Regato Montán e Río Cabo
Núcleos poboacionais: Montán
Nº habitantes: 26
Acceso: Dende Samos coller a estrada Lu-5602 durante 5,9 Km .
Topónimo: De orixe xeográfica, procede de Montanus (mons = monte) .
Patrimonio artístico: No Camiño de Santiago.
Igrexa orixinariamente románica . Consérvanse os muros laterais da nave, con dúas xanelas-saeteiras cada un . Retábulo principal neoclásico (s . XVIII), o da nave neogótico, probablemente de finais do s .XIX . Imaxes renacentistas (s . XVI?-XVII) . Importante pía bautismal prerrománica, na actualidade situada no exterior da igrexa .
Desta parroquia consérvanse varios documentos de interese, entre eles o “Libro de quentas de la obra pía de Nuestra Sra . de Montán”, do s . XVIII .
Patrimonio natural: Bosques de caducifolios (carballos, castiñeiros…) e prados .
Festas: A Candelaria o día 2 de febreiro e a Virxe do Rosario o primeiro domingo de outubro .
Historia: Noutros tempos a parroquia estivo adicada a S . Miguel Sancto Micaele de Montán (1058), Sancti Michaelis de Montano (1195) . No reinado de Fruela I (s . VIII) situábase en Montán un linde do Mosteiro de Samos que suscitou polémica . Foi Bermudo II (s . X) o que confirmou a pertenza desta parroquia ao citado Mosteiro .
No catrastro que mandou facer o Marqués da Ensenada (s . XVIII), figura que no ano 1749 había once casas, dous muíños fariñeiros dunha roda, unha taberna que abría de forma temporal, e un arrieiro .Consta que neses tempos recolectábase o mel de máis de trinta colmeas .
A “Cofradía del Rosario” (documentación no Arquivo Diocesano de Lugo) funcionou desde 1768 ata 1950 .
Tradicións: Hai casas onde seguen a facer o pan no forno de leña para consumo da familia . O magosto no mes de novembro e a matanza do porco no inverno, son as tradicións que se conservan.