Parroquias
SANTA EULALIA DE PASCAIS
Diocese: Lugo
Provincia: Lugo
Partido Xudicial: Sarria
Concello: Samos
Pobo: Pascais
Topónimo:antropónimo, de Paschasius (o dono da vila?), deriva a súa vez de pascha (= pascua).
Situación xeográfica: A uns 3 Km ao W de Samos. Linda con Romelle (N), Formigueiros (S), S. Mamede do Couto e Samos (E), Castroncán e Teibilide (W).
Coordenadas xeográficas: 42.731576N, 7.343384W
Altitude: 593 m
Extensión: 268,6 ha
Hidrografía: Río Oribio. Teñen traída de auga tomada
no río Oribio en Samos
Acceso: Dende Samos coller estrada Lu-633 e a 2,5 Km tomar una pista asfaltada á dereita durante 1,5 Km.
Nº habitantes: 55
Núcleos poboacionais: Pascais, Gontán, Gorolfe e
Arroxo.
Patrimonio artístico: Igrexa románica do s. XII, consérvanse orixinais o muro norte e unha porta con arco
de medio punto. Importante retábulo barroco churrigueresco
do altar maior (s. XVIII). Os dous retábulos laterais son de estilo neoclásico (s. XVIII) e renacentista (s. XVII). Relevantes as imaxes da Inmaculada, S. Pedro, S. Bieito (S. XVIII) e Santa Eulalia (s. XVII).
Patrimonio natural: Bosques de caducifolios (carballos, castiñeiros…) e prados.
Festas: San Roque o día 16 de agosto.
Historia: a parroquia formou parte do antigo Partido do Camiño Francés de Santiago. As súas primeiras referencias datan do s. X, do tempo do rei Ramiro II.
Trátanse de escritos nos que se relatan transacións co Mosteiro de Samos. Co nome de Sacte Eolalle de Pascais (1113) figura a súa incorporación ao Mosteiro.
Nese mesmo século (s. XII) a parroquia incluiuse na famosa bula do papa Alexandre III polo abade Rodrigo Fernández. Consta que no ano 1753 (no catastro que mandou facer o Marqués da Ensenada) contaban cun médico para as 32 casas habitadas, había dous muiños fariñeiros de tres rodas (en Gorolfe e Teiguín) e 27 colmeas. En Teiguín levouse a cabo o interrogatorio á poboación para realizar o catastro do Marqués da Ensenada (s. XVIII), e no ano 1880 esta mesma localidade xogou un emotivo papel na recepción dos monxes a súa volta ao Mosteiro, despois da desamortización de Mendizábal. O lugar de Barxa, pertencente hoxe á parroquia de Calvor, formou parte noutros tempos da parroquia que nos ocupa. Os libros da parroquia perdéronse en 1951 no incendio do Mosteiro de Samos.
Tradicións: Hai casas onde seguen a facer o pan no forno de leña para o consumo da familia. O magosto no mes de novembro e a matanza do porco no inverno, son as tradicións que se conservan.