O Priorato (Campos, Val de Lóuzara)

O Priorato (Campos, Val de Lóuzara) O Priorato de Lóuzara é un edificio que se encontra a 28 km da sede da Fundación, en pleno Val de Lóuzara, entre os montes Ouribio e Courel, unha das reservas naturais máis interesantes de Galicia.

A zona, con accidentada orografía –montañas de máis de 1400 m. de altitude- e con múltiples regatos que brincan polas ladeiras para alimentar ao río Lóuzara de frías e cristalinas augas, dan vida aos fermosos prados das valgadas e ás extensas chopeiras, carballeiras e soutos que abundan na zona.

Este privilexiado enclave, cunha extensión de 6.411 hectáreas e un censo de arredor de 500 habitantes, é lugar axeitado para os amantes da natureza, do deporte  e de todas aquelas persoas que desexen disfrutar da paz e beleza de impresionantes panorámicas.

Foi a Diocese de Lugo quen cedeu o edificio á  Fundación O Noso Lar.

O Priorato, ademais de ser utilizado para as actividades propias da Fundación, ofrécese tamén como lugar de:

• Estudo, lecer… para persoas que desexen pasar uns días de paz e tranquilidade en contacto coa natureza.

• Campamentos, campos de traballo, convivencias, etc., para grupos.

As persoas interesadas deberán poñerse en contacto coa Fundación.



Fotos